martes, 27 de agosto de 2013

NORMAS DO CONCURSO DE DEBUXO


1.- PARTICIPANTES:
Pódese presentar ó concurso calquera neno e nena membro da asociación que teña 14 anos ou menos. A inscrición será de balde.

2.- TÉCNICA:
Totalmente libre. Pódese emplear calquera tipo de técnica e material (ceras, acuarela, purpurina, témperas, etc).

3.-TEMA:
O tema do debuxo será a nosa parroquia: Lens. Cada neno e nena deberá expresar no seu debuxo como ve a nosa parroquia, podendo reproducir unha paisaxe ou calquera escena da vida cotiá.

4.- PRESENTACIÓN:
Os debuxos deben presentarse nun folio formato DIN A4.
No debuxo non debe aparecer o nome do participante nin dos seus familiares.
Facilitaránselle os datos do participante á persoa encargada da recollida dos debuxos.

Os debuxos recolleranse no adro o sábado as 18:00.

5.- XURADO:
O xurado estará constituído por 3 membros da asociación escollidos ó azar; non poderán formar parte do xurados os pais e familiares cercanos dos participantes.
Tódolos debuxos se presentarán no concurso de forma anónima, asignando a cada debuxo un código numérico asociado ó nome do participante. A esta lista só terá acceso un membro da xunta directiva que tampouco formará parte do xurado.

sábado, 8 de junio de 2013

SAN XOÁN 2013


Este ano a churrascada-sardiñada de San Xoan celebraráse o domingo 23 de Xuño.
O precio para os socios será de 2 euros e para os que non sexan socios será de 15 euros.
Haberá inchables pola tarde para os nenos e cantina para os adultos dende as 18 horas.
Esperamos atoparnos alí todos un ano mais.

Excursión ós muíños de Miso