lunes, 23 de diciembre de 2013

miércoles, 16 de octubre de 2013


II CONCURSO DE POSTRES

Por segundo ano consecutivo, o concurso de postres foi todo un éxito.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra da gran variedade de tartas e postres que participaron.

Filloas recheas

Un fermoso pato de mazán

De figos

Representación da aldea de Lens

De chocolate

Pastas de corazón

Rosquillas

Decoración de outono


De laranxa

De galleta e crema

Biscoito

De cenoura e coco

Máis chocolate
Os tres primeiros, de esquerda a dereita: primeiro, segundo e terceiro posto

Gracias a tódolos asistentes, ós participantes e ó xurado.



E así acabaron tódolos pratos.

miércoles, 11 de septiembre de 2013

VI Limpeza Simultánea de Ríos

VI Limpeza Simultánea de RíosImprimirE-mail
imagen1.jpgO vindeiro domingo 29 de setembro volvemos a Mollarnos polos ríos. Calzamos as botas e pretendemos deixalos libres do lixo que segue a aparecer nas nosas ribeiras e ríos. Queremos uns ríos limpos, queremos poder disfrutar dos nosos sistemas fluviais e queremos concienciar á sociedade da necesidade de que estes estean ben conservados. Se a túa entidade, concello, centro de ensino, etc. está interesado en participar nesta nova actuación ponte en contacto con nós: 981 57 00 99 / 616 238 050 (Ramsés). Mail: ramses@adega.info.Información na web:http://limpeza.proxectorios.org
Grazas á colaboración de 50 entidades o pasado ano, estimamos que se retiraron máis de10 Tn. de lixo de orixe diverso e participaron un total de 521 voluntarias/os de 34 concellosen toda Galicia.
O máis importante é que ano tras ano conseguimos concienciar un pouco máis á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos de residuos como premisa para a conservación da súa saúde.
Este ano queremos volver a contar coa vosa axuda para levar a cabo a VI xornada de limpeza simultánea en ríos.
Como en anos anteriores, o Proxecto Ríos entregará aos grupos participantes un protocolo para difundir a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais, ademais de editar cartaces divulgativos para cada zona cun teléfono de contacto para que se apunten as persoas que queiran participar e tamén repartiremos as tradicionais camisetas para o voluntariado

Enlace da páxina de Proxeto Ríos. http://www.proxectorios.org/index.php?option=com_content&task=view&id=326&


VI Limpeza Simultánea de Ríos

Dende AAVV de Lens unha das nosas premisas é conservar o noso patrimonio natural. Nace aquí a iniciativa de contactar coa xente de Proxecto Ríos dependente de ADEGA, para colaborar con eles nas suas iniciativas mellorando así o coñecemento do noso entorno e o seu estado.

O primera actuación que fara en conxunto será a saída a un treito do noso río para a retirada de lixo.




martes, 27 de agosto de 2013

NORMAS DO CONCURSO DE DEBUXO


1.- PARTICIPANTES:
Pódese presentar ó concurso calquera neno e nena membro da asociación que teña 14 anos ou menos. A inscrición será de balde.

2.- TÉCNICA:
Totalmente libre. Pódese emplear calquera tipo de técnica e material (ceras, acuarela, purpurina, témperas, etc).

3.-TEMA:
O tema do debuxo será a nosa parroquia: Lens. Cada neno e nena deberá expresar no seu debuxo como ve a nosa parroquia, podendo reproducir unha paisaxe ou calquera escena da vida cotiá.

4.- PRESENTACIÓN:
Os debuxos deben presentarse nun folio formato DIN A4.
No debuxo non debe aparecer o nome do participante nin dos seus familiares.
Facilitaránselle os datos do participante á persoa encargada da recollida dos debuxos.

Os debuxos recolleranse no adro o sábado as 18:00.

5.- XURADO:
O xurado estará constituído por 3 membros da asociación escollidos ó azar; non poderán formar parte do xurados os pais e familiares cercanos dos participantes.
Tódolos debuxos se presentarán no concurso de forma anónima, asignando a cada debuxo un código numérico asociado ó nome do participante. A esta lista só terá acceso un membro da xunta directiva que tampouco formará parte do xurado.

sábado, 8 de junio de 2013

SAN XOÁN 2013


Este ano a churrascada-sardiñada de San Xoan celebraráse o domingo 23 de Xuño.
O precio para os socios será de 2 euros e para os que non sexan socios será de 15 euros.
Haberá inchables pola tarde para os nenos e cantina para os adultos dende as 18 horas.
Esperamos atoparnos alí todos un ano mais.

Excursión ós muíños de Miso

jueves, 2 de mayo de 2013

RIFAS DE SAN XOAN

Xa están á venta as rifas de San Xoan. Nesta ocasión o premio será unha estancia dun día para dúas persoas no balneario de Mondariz.

miércoles, 20 de febrero de 2013

EXCURSIÓN: A VIDA DO PAN (NOVA DATA)

NOVA DATA: A excursión será o sábado día 11 de maio ás catro da tarde. E para cocer o pan quedaremos ás 3 da tarde do día 18 de maio. Esperemos que o tempo nos acompañe.

Esta actividade está encamiñada a que tódolos socios que estén interesados poidan coñecer cómo se moía o millo e como se amasaba e cocía o pan.
A primeira parte consistirá nunha pequena excursión dende Lens ata os muíños de Miso, onde se pondrá en funcionamento e coñecer máis sobre a historia dos muíños. Esta excursión terá lugar o día 9 de marzo, para o que nos reuniremos no adro da igrexa ás 15:30 horas.

O día 30 de marzo ás 15 horas quedaremos no adro tamén para desplazarnos á casa dun dos nosos veciños para ver como se encende un forno de leña típico, e para amasar e cocer o pan.
Para tódolos socios que queiran participar nesta actividade prégase póñanse en contacto por correo electrónico ou directamente con calquera membro da directiva para coñecer o número aproximado de asistentes e para calquera dúbida que nos queiran trasladar.
Esperamos que sexa unha iniciativa interesante e entretenida para todos.

viernes, 4 de enero de 2013

Exposición de fotos antigas en San Sebastián

O día de San Sebastián as 18 horas expoñeranse unhas fotografías antigas no Teleclub de Lens.
Será unha xornada de xuntanza cos veciños e amigos que queiran achegarse ata Lens. Pretendemos que entre todos se recoñezan ás persoas que aparecen en ditas fotografías, algunhas datadas na decada dos anos 30.
 Estades todos convidados a este evento e esperamos que sexa do voso agrado.