sábado, 7 de noviembre de 2015

IV Concurso de Postres

Este anos celebramos a 4ª edición do concurso de postres e tartas da nosa parroquia. Esperamos que veñades a disfrutar un ano máis da tarde do domingo 15 de novembro.

A continuación expoñemos as bases do concurso para o que queira presentarse.

IV CONCURSO DE POSTRES SAN PAIO DE LENS
  1. Data: 15 Novembro 2015. 
  2. Lugar: Teleclub de Lens.
  3. Programación: - Entrega de postres, das 16:30 horas, ás 17:15 horas. (Pola porta do almacén).                          - Comenzo do concurso ás 17:30 horas.
  4. Normas:   O concurso é aberto a participación, só optan a premio os participantes que sexan socios. Os postres non levarán o nome da persoa que o elabore. O número de postres por persoa non poderá exceder de tres. Todos aqueles postres que se presenten sería importante que viñeran coas receita, para o seu arquivo e posterior publicación. A decisión do xurado será inapelable. 
  5. Modalidades: Nesta nova edición queremos engadir novas modalidades para que non se quede ningún postre nas nosas casas, xa que o que se procura con estas xornadas é fomentar a xuntanza dos veciños e socios, e ó mesmo tempo poder realizar un arquivo dos nosos postres sen deixar atrás ningún. 
                              - Modalidade de postres tradicionais. No se terá enconta a presentación, pero si que sexan feitos con productos da nosa contorna e que sexán postres que dende décadas atrás se serviran nas nosas celebracións. Para esta modalidade contamos con tres premios. 
                              - Modalidade de postres de libre imaxinación. Nesta modalidade podes deixar voar a imaxinación demostrando as túas mellores dotes de reposteir@. A única condición nesta modalidade é que os productos principais do postre, sexan cultivados ou producidos na nosa contorna. Para esta modalidade contamos con tres premios. 
                              - Modalidade xovenes reposteir@s da AAVV de Lens. Os productos principais do postre sexan cultivados ou producidos na nosa contorna e que os participantes teñan 10 anos ou menos. Para esta modalidade contamos con premios para tod@s. 
                               - Premio especial á persoa de mais idade que participe nesta edición. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario