viernes, 4 de enero de 2013

Exposición de fotos antigas en San Sebastián

O día de San Sebastián as 18 horas expoñeranse unhas fotografías antigas no Teleclub de Lens.
Será unha xornada de xuntanza cos veciños e amigos que queiran achegarse ata Lens. Pretendemos que entre todos se recoñezan ás persoas que aparecen en ditas fotografías, algunhas datadas na decada dos anos 30.
 Estades todos convidados a este evento e esperamos que sexa do voso agrado.