Benvidos ó blog da Asociación de veciños de Lens, desde o cal queremos darnos a coñecer a toda aquela persoa que esté interesada en visitar a nosa parroquia, que tanto ten que ofrecer a través das súas xentes, así como a riqueza paisaxista, medio ambiental e cultural. Tamén búscase dar un servizo a tódolos nosos socios, procurando unha comunicación máis interactiva e eficaz. Esperemos que vos guste, e que participedes connosco, para dar un servizo máis amplo e completo.
jueves, 12 de septiembre de 2013
miércoles, 11 de septiembre de 2013
VI Limpeza Simultánea de Ríos
| VI Limpeza Simultánea de Ríos | ![]() | ![]() |
O vindeiro domingo 29 de setembro volvemos a Mollarnos polos ríos. Calzamos as botas e pretendemos deixalos libres do lixo que segue a aparecer nas nosas ribeiras e ríos. Queremos uns ríos limpos, queremos poder disfrutar dos nosos sistemas fluviais e queremos concienciar á sociedade da necesidade de que estes estean ben conservados. Se a túa entidade, concello, centro de ensino, etc. está interesado en participar nesta nova actuación ponte en contacto con nós: 981 57 00 99 / 616 238 050 (Ramsés). Mail: ramses@adega.info.Información na web:http://limpeza.proxectorios.org
Grazas á colaboración de 50 entidades o pasado ano, estimamos que se retiraron máis de10 Tn. de lixo de orixe diverso e participaron un total de 521 voluntarias/os de 34 concellosen toda Galicia.
O máis importante é que ano tras ano conseguimos concienciar un pouco máis á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos de residuos como premisa para a conservación da súa saúde.
Este ano queremos volver a contar coa vosa axuda para levar a cabo a VI xornada de limpeza simultánea en ríos.
Como en anos anteriores, o Proxecto Ríos entregará aos grupos participantes un protocolo para difundir a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais, ademais de editar cartaces divulgativos para cada zona cun teléfono de contacto para que se apunten as persoas que queiran participar e tamén repartiremos as tradicionais camisetas para o voluntariado
|
Enlace da páxina de Proxeto Ríos. http://www.proxectorios.org/index.php?option=com_content&task=view&id=326& |
VI Limpeza Simultánea de Ríos
Dende AAVV de Lens unha das nosas premisas é conservar o noso patrimonio natural. Nace aquí a iniciativa de contactar coa xente de Proxecto Ríos dependente de ADEGA, para colaborar con eles nas suas iniciativas mellorando así o coñecemento do noso entorno e o seu estado.
O primera actuación que fara en conxunto será a saída a un treito do noso río para a retirada de lixo.
martes, 27 de agosto de 2013
NORMAS DO CONCURSO DE DEBUXO
1.- PARTICIPANTES:
Pódese presentar ó concurso
calquera neno e nena membro da asociación que teña 14 anos ou menos. A
inscrición será de balde.
2.- TÉCNICA:
Totalmente
libre. Pódese emplear calquera tipo de técnica e material (ceras, acuarela,
purpurina, témperas, etc).
3.-TEMA:
O tema do
debuxo será a nosa parroquia: Lens. Cada neno e nena deberá expresar no seu
debuxo como ve a nosa parroquia, podendo reproducir unha paisaxe ou calquera
escena da vida cotiá.
4.- PRESENTACIÓN:
Os debuxos
deben presentarse nun folio formato DIN A4.
No debuxo
non debe aparecer o nome do participante nin dos seus familiares.
Facilitaránselle
os datos do participante á persoa encargada da recollida dos debuxos.
Os debuxos
recolleranse no adro o sábado as 18:00.
5.- XURADO:
O xurado
estará constituído por 3 membros da asociación escollidos ó azar; non poderán
formar parte do xurados os pais e familiares cercanos dos participantes.
Tódolos
debuxos se presentarán no concurso de forma anónima, asignando a cada debuxo un
código numérico asociado ó nome do participante. A esta lista só terá acceso un
membro da xunta directiva que tampouco formará parte do xurado.
martes, 13 de agosto de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


O vindeiro domingo 29 de setembro volvemos a Mollarnos polos ríos. Calzamos as botas e pretendemos deixalos libres do lixo que segue a aparecer nas nosas ribeiras e ríos. Queremos uns ríos limpos, queremos poder disfrutar dos nosos sistemas fluviais e queremos concienciar á sociedade da necesidade de que estes estean ben conservados. Se a túa entidade, concello, centro de ensino, etc. está interesado en participar nesta nova actuación ponte en contacto con nós: 981 57 00 99 / 616 238 050 (Ramsés). Mail: 
