jueves, 6 de septiembre de 2012

OS NENOS DA PARROQUIA DE LENS, OLVIDADOS POLO CONCELLO AMES


Dende a Asociación de Veciños San Paio de Lens, queremos denunciar o total abandono dos nosos nenos por parte do concello a poucos días do comezo do curso escolar. Os rapaces do lugar de Miso (na parroquía de Lens, no concello Ames) seguen sen marquesiña na que refuxiarse mentres esperan o transporte escolar. Esta marquesiña tiña que ter sido instalada no lugar onde, ata hai dous anos, había outra metálica instalada que desapareceu por obra e gracia da compra - venta ilegal de metáis nestes tempos que corren.
Dende que a devandita marquesiña desapareceu, os nosos pequenos teñen que estar expostos aos elementos todolos días de curso escolar, chova, neve ou faiga sol.
  Despois de case un ano de xuntanzas con representantes do concello de Ames, dende o propio alcalde, pasando polos concelleiros de medio rural e o de obras, nas que se nos prometeu reiteradamente (e incumpliu reiteradamente o prometido tamén)que se instalaría unha marquesiña para a parada de autobús de Miso, e mesmo se chegou a  asegurar dende o propio concello en máis dunha ocasión de que dispoñían de varias marquesiñas nos seus almacéns e que só era cuestión de ir nun momento a instalala, a día de hoxe ésta segue sen estar instalada no seu sitio.Tememos, con toda razón,  que os nosos rapaces teñan que esperar o transporte escolar a intemperie como ven sendo costume nos dous últimos anos e polo cal ao concello parece non importarlle en absoluto, salvo que haxa algún interese para eles mesmos.
O que se está a pedir non é algo desorbitado ou caprichoso, só é unha necesidade real que sufren os nosos pequenos e máis as persoas que os acompañana ata a chegada do transporte escolar durante a maior parte do ano, e sobre todo durante a tempada de inverno, e a cal supón un custe ridículo ao concello.
Gustaríanos saber se os seus nenos teñen que estar expostos á choiva, frio, etc... Non o crémos polo cal esiximos que os nosos rapaces sexan tratados de igual maneira e de que dunha vez por todas se elimine a práctica de facer cidadáns de primeira e de segunda clase neste concello.

2 comentarios:

  1. la respuesta es muy jodida pro es asi si mis crios lo pasan mal los tuyos lo PASARAN

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Totala a marquesina para usala a xente que vai as fincas e a pe dende Pontemaceira, porque dende que esta colocada solo vin eso e paso varias veces, e mais on coches dou ou icluso tres sempre esperando pois si e util e necesaria

      Eliminar