Benvidos ó blog da Asociación de veciños de Lens, desde o cal queremos darnos a coñecer a toda aquela persoa que esté interesada en visitar a nosa parroquia, que tanto ten que ofrecer a través das súas xentes, así como a riqueza paisaxista, medio ambiental e cultural. Tamén búscase dar un servizo a tódolos nosos socios, procurando unha comunicación máis interactiva e eficaz. Esperemos que vos guste, e que participedes connosco, para dar un servizo máis amplo e completo.
viernes, 28 de septiembre de 2012
LENS E PUNTO
Esta iniciativa pretende reunir a persoas que lles guste facer punto: calceta, ganchillo, punto de cruz, bolillos ou calquera tipo de labor. Así poderemos intercambiar e compartir ideas e técnicas.
As persoas que non saben facer punto pero están interesadas en aprender tamen poden unirse ó grupo e entre todos axudar a elaborar calcetíns, bufandas, mantas, patucos e todo aquelo que calquera dos integrantes queira crear.
Dependendo da labor que se queira realizar cada persoa traerá o material necesario. Para elexir o mellor día para todos e para aclarar posibles dúbidas faremos unha xuntanza para todos aqueles que queiran participar, da que xa seredes informados.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario