Xa están á venta as rifas de San Xoan. Nesta ocasión o premio será unha estancia dun día para dúas persoas no balneario de Mondariz.
Benvidos ó blog da Asociación de veciños de Lens, desde o cal queremos darnos a coñecer a toda aquela persoa que esté interesada en visitar a nosa parroquia, que tanto ten que ofrecer a través das súas xentes, así como a riqueza paisaxista, medio ambiental e cultural. Tamén búscase dar un servizo a tódolos nosos socios, procurando unha comunicación máis interactiva e eficaz. Esperemos que vos guste, e que participedes connosco, para dar un servizo máis amplo e completo.
jueves, 2 de mayo de 2013
miércoles, 20 de febrero de 2013
EXCURSIÓN: A VIDA DO PAN (NOVA DATA)
NOVA DATA: A excursión será o sábado día 11 de maio ás catro da tarde. E para cocer o pan quedaremos ás 3 da tarde do día 18 de maio. Esperemos que o tempo nos acompañe.
Esta actividade está encamiñada a que tódolos socios que estén
interesados poidan coñecer cómo se moía o millo e como se amasaba e
cocía o pan.
A primeira parte consistirá nunha pequena excursión
dende Lens ata os muíños de Miso, onde se pondrá en funcionamento e
coñecer máis sobre a historia dos muíños. Esta excursión terá lugar o
día 9 de marzo, para o que nos reuniremos no adro da igrexa ás 15:30
horas.
O día 30 de marzo ás 15 horas quedaremos no adro tamén para desplazarnos á casa dun dos nosos veciños para ver como se encende un forno de leña típico, e para amasar e cocer o pan.
Para tódolos socios que queiran participar nesta actividade prégase póñanse en contacto por correo electrónico ou directamente con calquera membro da directiva para coñecer o número aproximado de asistentes e para calquera dúbida que nos queiran trasladar.
Esperamos que sexa unha iniciativa interesante e entretenida para todos.
martes, 29 de enero de 2013
viernes, 4 de enero de 2013
Exposición de fotos antigas en San Sebastián
O día de San Sebastián as 18 horas expoñeranse unhas fotografías antigas no Teleclub de Lens.
Será unha xornada de xuntanza cos veciños e amigos que queiran achegarse ata Lens. Pretendemos que entre todos se recoñezan ás persoas que aparecen en ditas fotografías, algunhas datadas na decada dos anos 30.
Estades todos convidados a este evento e esperamos que sexa do voso agrado.
Será unha xornada de xuntanza cos veciños e amigos que queiran achegarse ata Lens. Pretendemos que entre todos se recoñezan ás persoas que aparecen en ditas fotografías, algunhas datadas na decada dos anos 30.
Estades todos convidados a este evento e esperamos que sexa do voso agrado.
lunes, 24 de diciembre de 2012
DECORACIÓN DE NADAL
O sábado día 22 de decembro, os nenos da parroquia adicaron a mañá a decorar o teleclub con motivo do Nadal.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
