sábado, 8 de junio de 2013

SAN XOÁN 2013


Este ano a churrascada-sardiñada de San Xoan celebraráse o domingo 23 de Xuño.
O precio para os socios será de 2 euros e para os que non sexan socios será de 15 euros.
Haberá inchables pola tarde para os nenos e cantina para os adultos dende as 18 horas.
Esperamos atoparnos alí todos un ano mais.

Excursión ós muíños de Miso

jueves, 2 de mayo de 2013

RIFAS DE SAN XOAN

Xa están á venta as rifas de San Xoan. Nesta ocasión o premio será unha estancia dun día para dúas persoas no balneario de Mondariz.

miércoles, 20 de febrero de 2013

EXCURSIÓN: A VIDA DO PAN (NOVA DATA)

NOVA DATA: A excursión será o sábado día 11 de maio ás catro da tarde. E para cocer o pan quedaremos ás 3 da tarde do día 18 de maio. Esperemos que o tempo nos acompañe.

Esta actividade está encamiñada a que tódolos socios que estén interesados poidan coñecer cómo se moía o millo e como se amasaba e cocía o pan.
A primeira parte consistirá nunha pequena excursión dende Lens ata os muíños de Miso, onde se pondrá en funcionamento e coñecer máis sobre a historia dos muíños. Esta excursión terá lugar o día 9 de marzo, para o que nos reuniremos no adro da igrexa ás 15:30 horas.

O día 30 de marzo ás 15 horas quedaremos no adro tamén para desplazarnos á casa dun dos nosos veciños para ver como se encende un forno de leña típico, e para amasar e cocer o pan.
Para tódolos socios que queiran participar nesta actividade prégase póñanse en contacto por correo electrónico ou directamente con calquera membro da directiva para coñecer o número aproximado de asistentes e para calquera dúbida que nos queiran trasladar.
Esperamos que sexa unha iniciativa interesante e entretenida para todos.